Homenaxean en Bos Aires o galego Antonio Soto, símbolo da resistencia obreira da Patagonia

Este episodio foi coñecido como ‘a Patagonia tráxica’ porque foron asasinados 1.500 traballadores polas forzas militares enviadas polo Goberno radical do presidente Hipólito Irigoyen.
A homenaxe comezou o 8 de outubro coa inauguración na sede da Federación Xudicial Arxentina dunha exposición fotográfica sobre a vida de Soto e continuo ao día seguinte cun acto conmemorativo no Teatro Bambalinas da Federación de Sociedades Galegas, no que participaron, entre outros, a filla do homenaxeado, Isabel Soto; e o director e o guionista do filme ‘A Patagonia rebelde’ (1974), Héctor Olivera e Osvaldo Bayer, respectivamente, baseada nos sucesos de 1921.
A filla do líder obreiro salientou que “actualmente moitos mozos están a usar a figura de Antonio Soto como símbolo de loita”.