No evento estiveron presentes importantes dirixentes da colectividade galega local, encabezados polo titular da Federación, Francisco Lores Mascato, e invitados especiais chegados desde Galicia para esta homenaxe.
Durante a cerimonia colocouse unha ofrenda floral no monumento que recorda a Castelao e evocouse a súa importante actuación política, social e cultural, á vez que actuaron a cantante Lorena Lores e a Banda de Gaitas Federal.