000 visitas e máis dun 1.200.000 exemplares vendidos. O expositor da Consellería de Cultura recibiu o premio ao mellor stand estranxeiro. O director xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta, Luís Bará, anunciou que como resultado desta cita asinouse un acordo de colaboración co Museo Nacional de Belas Artes a fin de catalogar o fondo de obras galegas para contar cunha exposición de artistas da plástica desa rexión. A participación galega na feira da Habana supuxo para as arcas da Xunta un desembolso de polo menos un millón de euros, cos que se financiou o desprazamento dunha comitiva integrada por máis de 250 persoas e o envío en barco de 400.000 volumes que o Goberno galego doará ao Instituto Cubano do Libro. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, denunciou no pleno do Parlamento que este gasto terá o mesmo impacto para as arcas galegas que o orzamento reservado para pagar este ano o ‘salario da liberdade’, a renda que Vicepresidencia da Xunta paga ás mulleres vítimas de malos tratos en Galicia.