A visita comezou no Fogar Español de Anciáns, onde, logo de entrevistarse cos seus directivos e asinar o convenio de 77.000 euros para todo o 2008, Pérez Santiago reuniuse coa Unión de Sociedades Galegas, ás que lles informou do curso TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) que se implantará proximamente en Montevideo, o cal vén sendo difundido por estas. Entrementres, tamén en materia de formación, a fundación levará a cabo para a primavera uruguaia, un curso de postgrao en formación de finanzas para empresarios galegos, que coordinou coa Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai.