Galicia e Asturias colaborarán na atención dos emigrantes necesitados

No protocolo de colaboración establecerase unha serie de accións que os dous Executivos realizarán conxuntamente para optimizaren recursos e melloraren os servizos que prestan á súa poboación emigrante. Como primeira actuación consunta, estase a traballar na concreción dun convenio para a mellora da cobertura socioasistencial de residentes galegos en Bos Aires na residencia Asociación Civil Club Tinetense -residencia asturiana en Bos Aires-, onde un 30% dos asistidos son de orixe galega.