A asociación criticou así a postura do líder do BNG, Anxo Quintana, que manifestou en varias ocasions a súa oposición a que os descendentes que residen fóra e España podan votar por mor do seu suposto descoñecemento da vida diaria nas autonomías e concellos. Neste sentido, precisaron que os avances tecnolóxicos actuais permiten que “todo aquel que ten interese poda saber perfectamente que está a acontecer hoxe no concello onde viven os seus familiares”, e explicaron que a posición do BNG “débese a que na emigración acada unha porcentaxe de votos moito menor ca en Galicia”.