Fernández Moreda principia a súa viaxe pola Arxentina e o Uruguai asinando dous convenios por 30.000 euros

O primeiro, co presidente da Sociedade Finisterre en América, Albino Rivas, polo que a Deputación achegará 17.552 euros para levar a cabo diversas reformas no local social e financiar o equipamento dunha aula de informática no centro. E o segundo, co presidente do Centro de Pensionados e Xubilados da República Arxentina, Perfecto Marcote, polo que a Administración provincial achegará 12.000 euros para financiar pequenas reparacións no local social e mercar diverso material para desenvolver o seu labor asistencial.