000 euros. A Deputación achegará 17.552 euros á Sociedade Finisterre en América para levar a cabo diversas reformas no local social e financiar o equipamento dunha aula de informática. A institución provincial achegará outros 12.000 euros ao Centro Galego de Xubilados e Pensionados da República Arxentina para financiar pequenas reparacións no local social. Fernández Moreda asinou tamén un convenio de colaboración co Centro Betanzos, que recibirá 15.450 euros para financiar a instalación dun ascensor na sede sociall, e outro co Fogar Galego para Anciáns de Domselar, ao que se destinarán 50.000 euros para financiar os gastos de persoal durante as anualidades de 2007 e 2008. Por último, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina recibirá 12.306 euros para ampliar o Museo da Emigración Galega (MEGA). O presidente da Deputación asistiu á cerimonia de apertura da Sala Manuel Cao Turnes, adicada á historia da Federación, e foi designado Primeiro Socio de Honra do MEGA.