Feijóo reúnese cos compromisarios do estranxeiro no congreso nacional do PP e di que “os españois no exterior sempre estarán en primeiro liña da acción política” do partido

Feijóo afirmou que os emigrantes sempre estarán presentes en primeira liña do Partido Popular e como mostra citou o respaldo dado á creación do Comité de Españois Residentes no Exterior como órgano interno do partido. Feijóo sinalou que “este partido quere ser tamén o partido dos emigrantes, dos españois que viven no exterior porque o noso compromiso é cos españois, vivan onde vivan”. Doutra banda, a ONG Humanismo e Democracia (HD), que preside Rafael Rodríguez-Ponga, celebrou un seminario sobre cooperación ao desenvolvemento e emigración española.