Feijóo propón a Touriño un cara a cara en Bos Aires aproveitando que coincidirán na cidade

«Os dous líderes con posibilidades de gobernaren Galicia despois do 1 de marzo coincidiremos en Arxentina durante algúns días do mes de febreiro, polo que sería un momento perfecto para que ambos os dous explicásemos o modelo e as propostas aos galegos que residen naquel país», afirmou Feijóo o pasado domingo 25 de xaneiro nunha entrevista na Cadea Ser Galicia. Feijóo solicitou a Touriño que acepte esta oferta e non deixe escapar unha «oportunidade histórica» de facer aos galegos da emigración partícipes dun xeito real da campaña electoral de Galicia.