Feijóo afirma que é unha «decisión maliciosa» do PSOE que os emigrantes non poidan votar en urna

Núñez Feijóo asegurou que lle parece «algo máis que unha decepción» e trasladou o «grande interrogante» de por que os socialistas «non queren que máis do 15 por cento do censo electoral vote en urna». Así, lembrou que existe «consenso político» neste asunto, aínda que o proxecto quedou «bloqueado» polo PSOE no Congreso. «Cando un partido non quere transparencia, non quere urna, é evidente que non o quere porque lle beneficia», aseverou, á vez que asegurou que os galegos teñen «dereito a saber por que ao PSOE benefícialle».