Empresarios orixinarios de Ourense crearán un viveiro de empresas e un consello asesor para investiren na provincia

O director xeral de Emprego do Concello ourensán, José Ángel Vázquez Varquero, impulsor do Primeiro Encontro de Empresarios de Orense no Exterior ‘Eduardo Barreiros’, explicou as conclusións dese foro. O núcleo do equipo de asesores ampliarase nas vindeiras semanas con novas incorporacións, como a do empresario Olegario Vázquez Raña, natural da localidade de Avión e propietario dunha cadea televisiva en México,.