Emigración e o Consello da Xuventude asinan un convenio de colaboración por 86.000 euros

Co programa ‘Escolas Abertas’, preténdese implantar unha renovada programación formativa de carácter presencial que se desenvolverá nos países con maior presenza de galegos e dirixido á mocidade. A formación en orixe pasa a se converter nun instrumento máis para garantir a participación da cidadanía galega no exterior na vida social e cultural de Galicia dun xeito normalizado.