Conmoción en México polo pasamento en accidente aéreo do secretario de Gobernación, nado en España e fillo do presidente do Celta de Vigo

Trátase ademais do fillo de Carlos Mouriño, emigrante galego que retornou a Vigo e na actualidade preside o club de fútbol Celta de Vigo. O mozo morreu ao estrelarse a avioneta na que viaxaba sobre a capital mexicana, un accidente no que faleceron en total 14 persoas. No funeral, o presidente de México, Felipe Calderón, rendeu homenaxe ao que fora o seu máis estreito colaborador e amigo e prometeu aclarar as causas da súa morte, que para algúns podería deberse a un atentado do narcotráfico, ao que Mouriño viña combatendo desde o seu cargo.