Os cursos de terapia ocupacional contan con 13 alumnas, todas maiores de 60 anos, e a monitora é Silvia Senra Peña. O grupo chámase ‘Avelina Pego García’ en memoria da destacada emigrante coruñesa que foi a súa monitora e morreu recentemente.
O curso de danza tradicional galega está a ser impartido durante 15 días pola profesora María de la Luz Jove Vázquez, enviada pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta. As alumnas son unha vintena de monitoras de baile e danza española de distintas Sociedades Galegas na Habana.
Por outra banda, 17 alumnos do curso de extensión básico de idioma galego graduáronse na Biblioteca do antigo Pazo do Centro Galego, nun sinxelo acto no que falaron a profesora Arantxa Fernández Crespo, responsábel do curso, e Enrique Repiso Muriedas, da FSGC.