Este programa ten por obxecto ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra e á súa familia a persoas de orixe galega residentes en América. Preténdese que estes galegos redescubran as súas raíces póndoos en contacto coa realidade actual de Galicia. O programa consiste na concesión de axudas por un valor do 60% do custo da pasaxe entre o país de residencia e Santiago de Compostela, agás para os residentes en Cuba, caso no que a axuda ascende ao 80%. En Galicia poderán permanecer coas súas familias ata un máximo de tres meses. O número de participantes nesta nova edición do programa ascende a 230.