Previamente, Adán celebrou un encontro coas mulleres directivas das doce institucións galegas de Montevideo, a quen presentou o plan de traballo desta nova práctica de “empoderamento e igualdade” das mulleres, sobre todo as da diáspora, particularmente en Arxentina e Uruguai. Nesa reunión participaron tamén as funcionarias de Casa de Galicia. Por outra banda, Adán tamén visitou o Fogar Español de Anciáns e a mutua Casa de Galicia, onde entregou o sistema informático de atención do programa Coidanet, en representación da Vicepresidencia da Xunta. Cabe resaltar que tanto este programa como o de tempo de mulleres comezaranse a desenvolver a partir do mes de maio en todo Montevideo.