Ademais, Adán presentou xunto ao colectivo Herbas de Prata o programa ‘Tempo de Mulleres’ no salón de actos da Delegación da Xunta en Bos Aires, que está dirixido ás mulleres galegas que viven na diáspora. Herbas de Prata foi a primeira asociación de galegas en América Latina e a través dela preténdese pór en marcha este programa creado en 2007 pola Xunta e que obtivo un grande éxito de participación en Galicia. A secretaria xeral coincidiu durante a súa estancia en Bos Aires co director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, co quen asistiu á presentación do libro sobre violencia de xénero ‘Polifonias II: voces contra a violencia de xénero’ na Sala Leopoldo Lugones da Feira do Libro de Bos Aires.