A rolda de prensa foi na sede do PP en Arxentina e participaron a deputada provincial e portavoz do PP de Vimianzo, Carmen Borbujo Martínez; os alcaldes de Fisterra, José Traba, de Coristanco, Antonio Pensado, e de Labaña, Andrés García Cardezo, e o portavoz dos populares en Camariñas, Daniel Rego. Segundo explicaron, a visita foi para presentaren as bases do programa electoral dirixido aos galegos residentes no exterior. Ao detallar o programa electoral, a deputada provincial referiuse en primeira instancia aos dereitos sociais e sanitarios que asegurará o PP en caso de vencer nas eleccións, sinalando a promesa de outorgar a todos os galegos do exterior un cartón sanitario que lles asegure unha atención que cubra as prestacións básicas de asistencia, ademais de facer extensiva aos galegos que viven fóra o alcance da Lei de Dependencia.