000 euros para sufragar os gastos xerados polos 11 emigrantes naturais da provincia galega que residen no Fogar. O acto da sinatura tivo lugar, sen solución de continuidade, xusto logo de rematar un mitin do Partido Popular organizado no Centro Galego, no mesmo escenario e perante o público asistente ao acto político. Durante a súa estadía en Bos Aires (Arxentina), Baltar adiantou perante as máis de dúas mil persoas que participaron na Segunda Xuntanza de Ourensáns que a Deputación asinará un acordo similar co Fogar Galego para Anciáns de Domselaar.