As solicitudes de axudas individuais e para o programa ‘Volver’ en Cuba poderían chegar a 3.500

Estase atendendo unha media de 100 a 150 solicitantes diarias na capital e estímase que poden chegar a 3.500 en todo o país cando remate o prazo. En Cuba viven 11.153 persoas con cidadanía española e que están empadroados nos distintos concellos e provincias de Galicia, dos cales só 682 son naturais e, xa que logo, potenciais beneficiarios destes programas.