Esta actividade foi posta en marcha polas sociedades galegas ‘Fillos do Concello da Golada’ e ‘Naturais do Concello As Pontes de García Rodríguez’, fusionadas en 1987. As ‘tardes sabatinas’ constitúen unha das actividades máis sobranceiras que realizan estas entidades no eido asociativo. Nelas preséntanse artistas invitados ou se realizan conferencias de persoeiros da colectividade galega ou española sobre temas de interese xeral. Tamén son unha boa ocasión para que os socios e simpatizantes de ambas as dúas entidades compartan unha agradable xornada de confraternidade.