As Neves acolle unha exposición sobre os 500 anos de emigración galega a Lisboa

500 anos de emigración galega a Lisboa’. Trátase dunha produción de Acuarela Comunicación, dirixida por Xan Leira, coa colaboración do Centro Galego de Lisboa, a Secretaría Xeral de Emigración e a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia. Para a elaboración da mostra levóuse a termo un arduo labor de investigación histórica e contóuse coa participación de máis dun cento de emigrantes, que son a última xeración dunha tradición migratoria que se remonta á Idade Media. A Lisboa de hoxe en día non pode ser entendida sen termos en conta a achega secular dos emigrantes galegos, malia que este fenómeno apenas foi estudado.