Santos Gastón Juan, presidente da Sociedade Galega de Arantey, Vilamaría e A Peroxa e un dos catro delegados por América perante o Consello das Comunidades Galegas, explicou a ‘Latinoamerica Exterior que “as institucións galegas no exterior desenvolvémonos en países coas súas propias normas, leis e requerimentos, e non sempre os ordenamentos xurídicos destes países coindicen coas normas españolas o galegas”. As entidades queren tamén que se permite “o dereito á asociación e participación nas institucións de persoas que sen seren galegos teñen unha identidade afín á nosa e un compromiso moi forte coa nosa cultura”. As agrupacións piden ademais que o recoñecemento como galegos abrangue tamén aos descendentes destes, sen límites de idade e ata o terceiro grado de parentesco” e que se permita a creación de federacións galegas cun límite diferente ao nacional segundo as dimensións do país de acollida. As entidades tampouco ven con bos ollos a creación dun Defensor dos Galegos do Exterior diferente do Defensor do Pobo. Gastón engadiu que en marzo ou abril se realizará un novo encontro de directivos das institucións da colectividade en Arxentina para continuaren a estudar o anteproxecto de lei.