As cuestións sobre asociacionismo, formación e emprego centran o Congreso da Mocidade Galega Residente en Países Europeos

Altos funcionarios da Consellería de Traballo e da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia explicaron as características do mercado laboral da comunidade autónoma e animaron os asistentes a asociárense como fórmula de participación. No marco desta charla o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, lembrou a vindeira posta en marcha en distintos centros europeos de seis terminais informáticas a través das cales os interesados obterán información sobre ofertas de traballo de Galicia.