Aparecen desmembrados en Ferrol os corpos dunha parella de retornados

Os finados residían desde hai un ano na localidade coruñesa de Betanzos. O acusado, un home de 32 anos, matara a puñaladas un taxista en 1999 en Santiago de Compostela e fora condenado por iso, informaron a Efe fontes da Garda Civil.