Anxo Quintana ironiza con que só falta “a mediación da ONU” para cambiar o sistema de voto da diáspora

Quintana, que pronunciou un relatorio o 15 de decembro no Foro Nova Economía, lembrou que a súa formación ten denunciado “por activa e pasiva” o “escándalo antidemocrático” que supón o voto dos emigrantes co actual sistema. O dirixente do BNG recordou que se trata dun sistema de votación polo que as papeletas chegan as casas “de oficio”, de xeito que unha persoa poda votar por toda a familia sen control.