Anxo Quintana afirma que nin o PSOE nin o PP queren modificar o voto exterior

«O voto emigrante, tal cal está, é un auténtico escándalo antidemocrático, unha auténtica fraude electoral, algo inaudito na Europa moderna e na Europa democrática. Pero, claro, o voto tal cal está favorece sempre o partido que goberna en Madrid e isto o que leva é a que o PP cando goberna en Madrid non o quere cambiar e ao PSOE pásalle o mesmo», explicou Quintana nunha entrevista en Radio Nacional de España.