Ana Pastor visita a Casa de Galicia de Queens durante a súa estancia en Nova York para presentar as propostas electorais do PP en emigración

Pastor visitou tamén varios dos clubes e asociacións da zona, como a Casa de Galicia de Queens (Nova York) e o Spanish-American Citizens Club de Bayonne (Nova Xersei). Entre as propostas salienta a creación dunha tarxeta sanitaria para que todos os españois do exterior teñan dereito a gozar da sanidade española do mesmo xeito que o fan os que viven na península.