Alfredo Prada reclama ao Goberno que non limite o acceso á nacionalidade dos netos

O responsábel de Emigración do PP criticou así as declaracións efectuadas hai poucos días polo secretario xeral de Asuntos Consulares e Migratorios do Goberno español, Javier Elorza, quen afirmou que o grupo formado por altos funcionarios dos ministerios de Asuntos Exteriores e Xustiza que están a elaborar a instrución da Disposición Adicional Sétima barallan a posibilidade de que os netos de exiliados que poderán acceder á nacionalidade española serán aqueles cuxos avós saíron de España entre 1936 e 1939. Prada desenvolveu unha intensa axenda durante os dous días que permaneceu en Arxentina, visitando o Hospital Español de Bos Aires, o Centro Galego e o Centro Galicia.