Nunha brevísima visita, Alfredo Prada chegou á capital uruguaia nunha calorosa tarde de sábado e, tras reunirse coa directiva do PP que encabeza o ourensán Benito Grande Quintana, dirixiuse ao Clube Español. Bandeiras do PP e moitos emigrantes ateigaban o salón principal do primeiro piso, onde Grande explicou aos trescentos simpatizantes populares a importancia que tiña contar coa presenza de Prada para abrir a campaña nesta banda do Prata.