Alcaldes da Mariña lucense estreitan lazos de cooperación con Uruguai

Trátase dos alcaldes de Lourenzá, Vidal Martínez; Mondoñedo, Orlando Cruz; Ribadeo, Fernando Suárez; e Viveiro, Melchor Roel. O primeiro, nado en Sao Paulo, en tanto o segundo e terceiro viviron en Uruguai e Suárez naceu en Montevideo, o que deixaron ben de manifesto no seu encontro tanto cos gobernantes como coa colectividade galega: “Estamos moi agradecidos da formación que recibimos aquí”, asegurou Orlando Cruz, quen se formou en Montevideo como médico.