Esta oficina empezará a funcionar en menos de dous meses e é resultado dun convenio asinado polo conselleiro Fernando Blanco hai un ano. O presidente da asociación, César Antelo, fixo un balance moi positivo da participación de AEGU no encontro de empresarios galegos no exterior celebrado en Santiado de Compostela, no que ademais recibiu tres premios de singular importancia. Antelo aclarou que a delegación máis numerosa foi a uruguaia, malia que Uruguai é un dos países participantes máis pequenos.