Adolfo Pérez Esquivel revisa na Delegación da Xunta en Bos Aires a marcha do futuro Monumento á Memoria

O monumento está a ser realizado pola Escola de Canteiros de Poio. Pérez Esquivel, trasladou tamén a Porteiro o traballo que está a desenvolver na Fundación Servizo Paz e Xustiza (Serpaj), da que é presidente honorario e que ten como finalidade traballar na construción dunha sociedade liberadora, participativa e solidaria que fomente a superación das dominacións e socialice o poder, a riqueza e a cultura. O Nobel referiuse especialmente ao proxecto de Aldeas Novas pola Paz que leva a termo nas localidades bonaerenses de Pilar e General Rodríguez.