Esta acción é o resultado dunha colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. O programa está orientado a promover o contacto dos galegos coa súa terra e os seus familiares. As prazas asignadas para a convocatoria de 2008 son 190, das que 100 corresponden a cidadáns residentes na Arxentina, 19 no Brasil, 10 en Cuba, 41 no Uruguai, 16 en Venezuela e 4 noutros países. Os beneficiarios permanecerán en Galicia un período máximo de tres meses, dos que 14 días pasaranos na residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense) invitados pola Vicepresidencia. Para participar no programa cómpre ter máis de sesenta anos e non ter participado nos últimos quince nun programa de viaxes da Secretaría Xeral. Máis información en www.galiciaaberta.com.