A Xunta non inclúe a Lei da Cidadanía Galega no Exterior entre as súas previsións para este ano malia que Touriño anunciara tres días antes a súa aprobación

O propio presidente galego, Emilio Pérez Touriño, afirmara tres días antes que esta nova norma si que estaba incluída na axenda lexislativa do Goberno autonómico. O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, comprometéuse no Parlamento galego a finais de outubro de 2007 a consensuar o borrador do anteproxecto de lei co PP e o BNG antes de presentalo perante o Consello da Xunta. Porén, non houbo ningunha xuntanza neste senso e o período de sesións da Cámara autonómica non voltará comezar ata o vindeiro mes de febreiro.