A Xunta financiará diversos programas para a atención dos retornados e inmigrantes

O Consello da Xunta autorizou a asinatura de convenios entre a Secretaría Xeral de Emigración, os concellos das sete principias cidades galegas (A Coruña, Vigo, Santiago, Ourense, Ferrol, Pontevedra e Lugo) e o Consorcio das Mariñas para poren en marcha programas integrais de atención a inmigrantes e retornados por unha contía total de máis dun millón de euros.