A Xunta estuda convocar dez bolsas para que alumnos galegos poidan estudar en Londres

Sánchez Piñón sinalou que a intención é que este programa de axudas entre en funcionamento no próximo curso 2009-2010, cunhas 10 bolsas. Tanto os responsables do centro educativo como o conselleiro de Educación da Embaixada de España en Londres, José Antonio do Tezo, amosáronse moi receptivos a esta iniciativa, que a Consellería de Educación presentará ao Ministerio proximamente.