O orzamento para este traballo ascende a 200.000 euros. Os obxectivos fixados pola Secretaría Xeral de Análise e Proxección para este estudo son coñecer a percepción que os emigrantes teñen dos cambios políticos e sociais ocorridos en España desde a transición ata o de agora; pescudar a situación persoal dos emigrantes na actualidade e saber cal é a súa relación coa Administración galega e estatal; e coñecer cal é a opinión dos emigrantes sobre a situación dos países que os acollen.