A Xunta Electoral Central admite o certificado de inscrición no Rexistro Consular para identificar o voto

Deste xeito, agora son catro os documentos que poderán empregar os residentes no estranxeiro: unha fotocopia do DNI, unha fotocopia do pasaporte, un certificado de nacionalidade e o devandito certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular. Calquera deles é necesario e obrigatorio para que o voto sexa introducido na urna. Por outra banda, desde algúns consulados están a recomendar que aquelas persoas que teñan o DNI ou o pasaporte caducado soliciten o certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular xa que ningunha autoridade competente se manifestou sobre a valideza das fotocopias de pasaportes que non estean en vigor.