Entre as actuacións a desenvolver está informar ás persoas inmigrantes e retornadas sobre a súa situación administrativa e os trámites que deben realizar e ofrecer aos que se atopen nunha situación de especial vulnerabilidade e con risco de exclusión social un servizo de aloxamento e manutención, durante un período limitado de tempo, que lles proporcione unhas condicións de vida dignas. O convenio terá vixencia ata decembro e a Secretaría Xeral de Emigración achegará 240.000 euros.