A Xunta e a Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires estudan posíbeis vías de colaboración

O encontro tivo lugar no marco da visita oficial que a representación da Lexislatura realizou á sede da Delegación da Xunta e na que tivo ocasión de coñecer a realidade política, social e económica de Galicia e a súa representación no Río da Prata. Ingaramo interesouse polas posibilidades de abrir novas vías de colaboración con Galicia en nos eidos cultural, turístico e ambiental, destacando as posibilidades de intercambio entre os dous Gobernos autónomos.