Os obradoiros desenvolveranse na primeira quincena de xullo. Estes cursos están dirixidos aos cidadáns galegos residentes fóra de Galicia, así como os responsables de determinadas áreas de actuación dentro das entidades galegas no exterior. Os distintos programas convocados clasifícanse en obradoiros de formación de nivel intermedio e obradoiros de especialización de nivel avanzado. Dentro dos primeiros, en Santiago de Compostela impartiranse os cursos de asociacionismo, participación e información, gaita tradicional galega; canto popular e percusión, e baile tradicional galego. En Bos Aires e en Montevideo impartiranse os de formación do voluntariado, gaita tradicional galega e baile tradicional galego. E en Caracas só os de gaita tradicional galega. En canto aos talleres de nivel avanzado, Santiago de Compostela acollerá os de gaita tradicional galega e baile tradicional galego.