A Xunta confía en que o Goberno non limite a última hora o acceso á nacionalidade dos netos

Dende Exteriores aseguran que, por o de agora, se mantén setembro como data para aprobaren a instrución que o regulará. Neste senso, o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luís Rodríguez, afirmou que confía en que o Ejecutivo “non faga ningún engadido de última hora” que limite o acceso á nacionalidade. “Agardamos que a lei se aplique do xeito más xeneroso posíbel”, sinalou. Por outra banda, Rodríguez ve “lonxe da realidade” a estimación feita por Exteriores e reduce a 500.000 o número de descendentes de españois que se poderán acoller á nacionalidade a través da lei da memoria histórica.