A Xunta achega 45.000 euros para informar sobre o sistema universitario galego entre os emigrantes

Ao abeiro deste convenio, desenvolverase un programa de xornadas informativas nas que se difundirá no exterior a nova estrutura dos ensinos universitarios oficiais, os ensinos oficiais de posgrao que impartirán as universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e a convocatoria conxunta de bolsas da Secretaría Xeral de Emigración e da Consellería de Educación.