Esta acción, que se desenvolve dentro do Programa de axudas de formación para o emprego que promove a Dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior do Ministerio de Traballo e Inmigración do Goberno de España, ten como obxectivo promover a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres e mozos galegos e dos seus descendentes que residen no exterior. En total son tres os cursos convocados con 20 prazas dispoñíbeis cada un deles, dúas que se desenvolverán en Bos Aires e outro en Montevideo. Na capital arxentina, as clases impartiranse no Centro Galego de Bos Aires, onde se celebrará un curso para mozos e mozas menores de 35 anos e outro só para mulleres.