A Universidade de Santiago presenta o libro ‘De raíz profunda. Galicia e o galego en Cuba’

Galicia e o galego en Cuba’, editado conxuntamente pola institución docente compostelá e a Xunta de Galicia e presentado con grande éxito editorial na Feira do Libro da Habana, situación que se repetiu tamén nesta beira do Atlántico e en todos os espazos académicos nos que se deu a coñecer. Coordinado pola profesora e Historia de América Pilar Cagiao e polo director do Departamento de Historia da Universidade da Habana, Sergio Guerra, o libro amosa os vencellos históricos entre Galicia e Cuba desde unha óptica interdisciplinar. Precisamente no seu carácter de miscelánea é onde radica a orixinalidade do volume, “que abrangue multitude de aspectos concretos relacionados coa emigración, o exilio ou as relacións culturais”, matizou Cagiao.