A unidade marcou a celebración da asemblea do Centro Galego de Montevideo

Dúas grandes sorpresas producíronse neste encontro no que volveu presentarse a familia unida desta institución da rúa San José. Unha delas a que felicitou a ex secretaria xeral, Sandra Calvar, tras ser aprobada por unanimidade a memoria do balance, a mesma que nos dous anos anteriores obtivese certas diverxencias que provocaron que a maioría non apoiase o seu contido. A outra gran sorpresa deuna o balance de saldos, que permitiu, ademais de deixar un superávit xeral de 55.000 euros, comprobar que por primeira vez na historia do centro o seu complexo deportivo situado na residencial zona de Carrasco non deu ningunha perda, cubrindo os seus gastos cos arrendos das súas instalacións.