O salón de actos da Oficina Administradora de Comunidades Galegas foi o marco propicio onde se reuniron algo máis de 200 persoas entre asociados e invitados, destacándose a numerosa presenza infantil e xuvenil, co que a substitución xeracional nesta centenaria sociedade está garantido. Foron entregados 8 diplomas a asociados cun tempo de permanencia en ‘El Valle del Oro’ de entre 50 e 60 anos. Así mesmo, outros 9 asociados foron galardoados con Diplomas de Recoñecemento por terse destacado no traballo da entidade e polos servizos prestados á mesma. As actuacións artísticas correron a cargo dos mozos bailaríns Jennifer Sosa e Noslen Vázquez, a nena cantante Liliana Medina e o tenor Manuel Currás. A sociedade está presidida por Esperanza Uz Medina e conta con 492 membros, dos que 79 son galegos e outros 32 doutras rexións españolas.