‘A inmigración galega á Andalucía Atlántica no século XX’ foi presentado o venres 28 de novembro na Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela pola súa autora, Esmeralda Broullón, en presenza do secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, e do director do departamento de Xeografía, Francisco Durán. Durante o acto, a autora salientou como esta emigración estivo moi vencellada á actividade pesqueira e puxo de manifesto a importancia da cidade de Cádiz como foco de atracción para estes emigrantes.